CRTVG

Buscar

Xa hai 44 persoas contaxiadas na residencia de maiores de Outeiro de Rei

Publicado o 01/09/2020 14:23

A maior repunta destas últimas horas producíase na residencia de maiores de Outeiro de Rei. Alí son xa máis de 40 os contaxiados en total.

Son 39 residentes e cinco traballadores os contaxiados nesta residencia de Outeiro de Rei en que viven máis de 200 anciáns. Estes segundos contaxios son resultado do cribado que se realizou ao persoal laboral e aos maiores. O primeiro caso foi o dunha traballadora, e a raíz deste activouse o protocolo de prevención co peche do centro para visitas e saídas. A residencia organizouse para illar os casos positivos e reforzouse o persoal para crear equipos diferentes de atención aos anciáns.

Noticias web

01/09/2020