CRTVG

Buscar

Xa hai 110.000 sinaturas para que se reabra o caso de Déborah Fernández

Publicado o 12/02/2019 17:26

A familia de Déborah Fernández, a moza viguesa que aparecera morta en 2002 nunha cuneta, no Rosal, reúne sinaturas para que se reabra o caso.

Na campaña que puxeron en marcha en Change.org xa se superaron as 110.000. O obxectivo é solicitar ao Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Tui que reabra a investigación sobre a morte e desaparición de Déborah.

Ademais, a familia abriu unha páxina en Facebook para que os cidadáns poidan achegar calquera pista. Unha páxina que xa visitaron máis de 200.000 persoas. Din que están a recibir información interesante, coa que agardan que se poida dar un xiro á investigación, que se arquivara provisionalmente en 2010.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

12/02/2019