CRTVG

Buscar

Xa están listos os bombos da lotería de Nadal no Teatro Real de Madrid

Publicado o 12/12/2019 12:40

Unha das imaxes máis agardadas do Nadal é a dos bombos da lotería. Chegaron ás 10 desta mañá ao Teatro Real para que o día 22 de decembro canten os números e repartan premios e alegría os nenos do colexio San Ildefonso.

Os bombos que se utilizan son dous, pero en realidade ao teatro chegan catro porque outros dous quedan de reserva por se houbese algún problema.

As esferas da sorte están forxadas cunha aleación de cobre, estaño, chumbo e zinc. Xiran sobre un soporte de aceiro e cada bombo ten unha mesa de apio.

O bombo máis grande, o dos números, ten un peso de 800 quilos, unha altura de 2,85 metros e 1,58 metros de anchura. O peso adicional dos números, feitos en madeira de buxo, é de 300 quilos. O bombo máis pequeno, o dos premios, mide 1,67 metros de altura e 74 centímetros de diámetro. Pesa 375 quilos e contén 1.807 bolas de premios, entre elas a do premio gordo que vai repartir 680 millón de euros.

 

Noticias web

12/12/2019