CRTVG

Buscar

Xa está avanzada a retirada dos restos do catamarán que ardeu preto da Toxa

Publicado o 10/08/2018 20:52

No Grove traballan xa para retirar e eliminar os restos do catamarán afundido o 24 de xullo pasado. Son unhas tarefas complicadas. Os restos están nunha zona rochosa preto da illa da Toxa. O accidente deixou decenas de feridos, catro deles graves. Un faleceu no hospital días despois.

Segunda xornada de traballo na coñecida como Punta Cabreira na illa da Toxa para retirar e eliminar os restos do "Boramar" que afundiu logo de incendiarse hai dezasete días. Previamente foi necesario facer un protocolo de actuación para a retirada dos residuos, moitos deles tóxicos. Fibras, ferralla e demais obxectos acumúlanse na coberta do barco de rescate "Insuíña Rande" e a empresa Noroeste Sub os clasifica para depositalos nos contedores situados no Porto do Corgo. Un traballo que está a ser moi laborioso.

A maior preocupación é evitar que se espallen os residuos pola zona. A prioridade é respectar o Medio Ambiente, porque os restos do ferry están nunha zona importante de cultivo de bivalbos, que ademais está amparada pola Rede Natura. Os traballos van a bo ritmo.

O sábado está previsto que remate a recollida e limpeza da zona, na que continúa a actividade turística propia destes meses de verán.>

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/08/2018