CRTVG

Buscar

Xa curado, un paciente de covid do Hospital de Ourense reencóntrase coa súa enfermeira

Publicado o 14/05/2021 20:59

Os hospitais fixéronse protagonistas da pantalla, afixémonos a que formen parte do día a día. Na UCI do de Ourense coñecemos a Ignacio, do Barco de Valdeorras, ingresou en xaneiro cunha pneumonía bilateral. Coñecemos tamén o seu medo, moitos agóchano nos ollos; el, da man da súa enfermeira Ana Belén, verbalizouno.

Con ese medo a morrer mellorou paseniño. Lonxe da familia e de todo. Cos encontros, os coidados e os ánimos de Ana Belén chegou o momento de abandonar a UCI

Xa en planta chegaría tamén outro momento especial. A visita de Ana.....Saíu. Volveu ao Barco, á casa. Hoxe, mesma viaxe, pero de volta ao hospital para unha revisión. Estaba claro que a viaxe era tamén a do reencontro .

Saír namorado despois do medo.





 

Noticias web

14/05/2021