CRTVG

Buscar

Whatsapp, Instagram e Facebook sofren caídas do servizo a nivel global

Publicado o 19/03/2021 19:20
Whatsapp, Instagram e Facebook sofren caídas do servizo a nivel global

As aplicacións de Whatsapp, Facebook Messenger e Instagram sufriron interrupcións de servizo durante a tarde do venres en Estados Unidos, segundo informou o sitio Downdetector e usuarios noutras redes sociais.

Usuarios en América do Norte e outras parte do mundo informaron de problemas coas aplicacións de mensaxería propiedade de Facebook, así como Instagram, tamén parte do xigante tecnolóxico. Segundo Downdetector, que informa de cortes en servizos dixitais en base a informes de usuarios, o apagamento chegou nun punto para afectar ao 90 % dos usuarios de Whatsapp en todo o mundo, incluída España.

A caída do servizo afectou a varias das aplicacións máis populares da internet, con Whatsapp como principal método de comunicación para persoas en todo o mundo.Whatsapp ten uns 2.000 millóns de usuarios mensuais activos, o que a converte con diferenza na aplicación líder de mensaxería do planeta.

Os problema comezaron a detectarse nas aplicacións de Facebook ao redor da 13.00 hora da costa leste dos Estados Unidos (17.00 GMT). A web na que Facebook comunica o estado dos seus servizos e aplicacións para desarrolladores non comunicou ata o momento ningún problema serio e asegura que o estado de Facebook é "saudable".
 

Noticias web

19/03/2021