CRTVG

Buscar

Whatsapp estrea novidades nos grupos, para protexer a intimidade

Publicado o 16/05/2018 21:21

Botábaste fóra, pero podían volver meterte dentro... Do grupo de chat, ata agora. A plataforma de mensaxería instantánea informa da estrea dunha nova medida de protección ao usuario: non nos poderán engadir repetidamente a grupos dos que  previamente xa saíramos.

"Paréceme ben, sobre todo en grupos de moita xente que conversa sobre cuestións que ti non tes nada que ver, ou organiza cousas nas que ti non participas, que non te podan volver engadir é útil", di unha rapaza.

Nos grupos en que o usuario só permanece pero nos que non abriu o chat en tempo, agora poderá visualizar  directa, concreta e rapidamente as mensaxes en que o mencionaron ou en que lle responderon.

Amais, os administradores establecidos para cada grupo agora terán a capacidade para eliminar ou restrinxir permisos doutros participantes. Como novidade, ao creador de cada grupo, non o poderá eliminar ningún dos outros integrantes.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/05/2018