CRTVG

Buscar

Despedida viral para o capitan do portaavións despedido nos EUA por esixir axuda polo coronavirus

Publicado o 05/04/2020 09:38

 

Unha multitude reuniuse para despedir como un heroe o capitan do portaavións estadounidense "Theodore Roosevelt" cesado do do mando do buque polo Departamento de Defensa baixo a acusación de "mal xuízo".

O vídeo gravado polos homes ao seu mando durante a despedida do barco fíxose viral nas redes sociais. O capitan Crozier esixiu nunha carta ao mando da frota axuda para o buque despois de que 100 dos seus homes resultaran infectados por coronavirus. A resposta foi o seu despedimento sen atender a súa solicitude.

 

Noticias web

05/04/2020