CRTVG

Buscar

Washington queda blindado para a toma de posesión de Joe Biden

Publicado o 19/01/2021 21:23

Mañá a estas horas, Joe Biden xa será oficialmente o novo presidente dos Estados Unidos. Tomará posesión nunha cerimonia marcada polo temor a incidentes violentos e nun Washington blindado como poucas veces.

O cambio de poder, polo xeral, ten sempre un aire optimista e de alivio onde a xente se xunta para saudar o novo comandante en xefe. Pero este non vai ser o caso desta investidura de Joe Biden. Temos dous presidentes: o presidente saínte -Donald Trump-, e o presidente entrante -Joe Biden-, que aínda non falaron por teléfono.

Tampouco o fixeron as primeiras damas e, segundo unha sondaxe da CNN, máis dun 70 % dos votantes republicanos aínda non recoñece a Joe Biden como presidente lexítimo. 

Mañá, cando o demócrata xure o cargo, vai ter tres obxectivos fundamentais: loitar contra a pandemia do coronavirus, loitar para recuperar a economía e un terceiro obxectivo que vai ser probablemente o máis complicado de conseguir, que é loitar para pechar as feridas políticas dos Estados Unidos.

Noticias web

19/01/2021