Vueling conectará Santiago con Londres e Bilbao este verán
• A compañía ofrecerá desde Santiago 17 rutas na tempada estival

A aeroliña Vueling engade desde mediados de xullo dúas novas rutas para conectar Santiago con Londres-Gatwick e con Bilbao este verán.
A nova ruta entre a capital galega e Londres comezará o 23 de xullo con voos os luns, mércores, venres e domingos. É dicir, catro enlaces semanais. No caso de Bilbao as operacións comezan un pouco antes, o 16 de xullo, con dúas frecuencias semanais, os luns e os venres.
Co anuncio destas dúas novas conexións aéreas, Vueling vai ofrecer dezasete rutas desde o aeroporto Rosalía de Castro na Lavacolla, en Santiago, durante este tempada estival.
Doce delas son a destinos domésticos e outras cinco internacionais: Londres, Ámsterdam, París, Zúrich e Bruxelas.