CRTVG

Buscar

Vulcano, disposto a pagar dúas das cinco nóminas que levan sen cobrar os traballadores

Publicado o 14/02/2019 19:48

Factorías Vulcano ten máis cerca a volta ao traballo despois de dous meses de paralizar a construción dun transbordador para a naviera Armas. O cadro de persoal aprobou hoxe a proposta da empresa de pagar de inmediato a nómina de dous meses dos cinco que levan sen cobrar. Os tres restantes cobraríanos tras a entrega do buque. Pero o acordo non é definitivo, xa que depende das negociacións da empresa coa industria auxiliar, á que debe 10 millóns de euros por facturas sen pagar dende o mes de maio. Cando todas as partes cheguen a un acordo terá lugar unha reunión en Madrid co Banco de Santander para que libere os pagos.




 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/02/2019