CRTVG

Buscar

O estaleiro Vulcano constrúe un transbordador para 1.500 pasaxeiros

Publicado o 13/03/2018 15:25

O Ministerio de Agricultura e Pesca está a deseñar axudas para a renovación da frota pesqueira e a rolda de consultas pasou hoxe polo estaleiro Vulcano, onde actualmente se está a construír un ferri con capacidade para 1.500 pasaxeiros e 450 vehículos para entregar antes do verán.

Por fóra está case listo e por dentro xa se traballa nos seus equipamentos. O estaleiro Vulcano prevé comezar a finais deste mes as probas de mar deste ferri de 139 metros de eslora. No entanto, negocia máis contratos e aspira a ampliar a colaboración iniciada cunha factoría portuguesa e que, de momento, consiste en fabricar bloques de aceiro. E confían en acadar máis encargas cando se concreten os instrumentos financeiros previstos polo Ministerio de Pesca para construír os pesqueiros do futuro.

Con traballo nas bancadas e plans de futuro, Vulcano deixa atrás cinco anos sen encargas en que afrontou 14 expedientes de regulación de emprego.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018