CRTVG

Buscar

Vueling reforzará as conexións con Europa desde Galicia en decembro

Publicado o 24/11/2020 15:57

A aeroliña Vueling vai reforzar a súa presenza en Galicia no mes de decembro. Volve conectar Santiago e Europa.

De momento, ten operativo un único voo á semana a París Orly, pero xa anunciaron que aumentarán a frecuencia a dous voos semanais no mes de decembro.

Outras dúas viaxes á semana van ser directas a Ámsterdam, así que con estes destinos Vueling retoma as rutas que tradicionalmente mantiña dende este aeroporto na tempada de inverno.

A aeroliña dá así os primeiros pasos para ir recuperando a conectividade internacional dende Santiago, pero tamén anunciou que seguirá apostando polo mercado nacional, coa apertura dunha nova liña con Gran Canaria.

Noticias web

24/11/2020