CRTVG

Buscar

Seis voos de Vueling con destino ou orixe en Galicia, afectados pola folga de Iberia

Publicado o 23/08/2019 20:00

Imos ter unha fin de semana complicada para o transporte aéreo. O persoal de terra de Iberia mantén a folga no aeroporto de Barcelona e obriga a cancelar máis de cen voos de Vueling. Seis deles afectan a Galicia: catro teñen orixe e destino na Coruña, e dous con orixe e destino a Santiago de Compostela. A compañía pídelles aos viaxeiros que consulten a súa páxina web para estaren informados por se hai cambios de última hora.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/08/2019