CRTVG

Buscar

Vox rompe as negociacións co PP na Comunidade de Madrid

Publicado o 17/06/2019 14:54

Coas corporacións municipais xa constituídas, as negociacións para o goberno da Comunidade de Madrid aceleran dende hoxe. No horizonte está a data do 11 de xullo, en que se podería fixar a investidura do novo Executivo autonómico.

Partido Popular e Ciudadanos reuníronse esta mañá para debater ideas e propostas. Ciudadanos cre que Ignacio Aguado debe ser presidente rexional, malia ser terceira forza, esgrimindo a cesión que fixeron no concello de Madrid para facer alcalde a Martínez Almeida. Isabel Díaz Ayuso di que non é momento de falar de cargos, pero reclama a presidencia por ter maior representación.

Os 12 deputados de Vox serán decisivos, e advirten de que non se repetirá un pacto á andaluza. Rocío Monasterio dá por rotas as negociacións co PP porque considera que os populares non cumpriron o acordo que subscribiron para a alcaldía da capital.

Vox esixe concellerías e unha porcentaxe do presuposto, e lembra que así o contempla o documento que asinaron o sábado de madrugada, polo que Vox lle daba os votos decisivos a Martínez Almeida.

Noticias web

17/06/2019