CRTVG

Buscar

Vox rexeitou participar coa ultradereita europea en Milán en torno a Matteo Salvini

Publicado o 18/05/2019 21:19

A ultradreita europea celebrou un acto multitudinario en Milán co italiano Matteo Salvini como referente aglutinante. O ministro de Interior de Italia e líder da Liga estivo acompañado por once líderes da ultradereita en Europa, entre eles a francesa Marine Le Pen. Os organizadores pretendían a priori reunir cen mil persoas.

Salvini asegurou que no vello continente non entrará ningún inmigrante máis se se converten nunha forza decisiva na Eurocámara. No acto non participou Vox por decisión propia.
 

Noticias web

18/05/2019