CRTVG

Buscar

Vox reclámalle ao Congreso a documentación sobre as supostas negociacións coa ETA

Publicado o 03/06/2019 15:44

Vox reclámalle ao Goberno toda a documentación sobre as supostas negociacións coa ETA durante a etapa de Zapatero. Esta mañá rexistraron a iniciativa no Congreso e non descartan presentar unha querela contra o ex-presidente. 

Santiago Abascal, presidente de Vox: "Pactaron coa ETA e ademais pactaron o seguinte: a cambio dun sucedáneo de paz permitiuse o inicio e a consolidación do proxecto político da ETA en toda España que non é outro que o da destrución da unidade nacional e da orde constitucional".

Noticias web

03/06/2019