CRTVG

Buscar

Vox racha en Madrid co consenso en violencia machista

Publicado o 25/11/2019 15:37

O acto que se celebraba no concello de Madrid con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller estivo marcado pola polémica.

O voceiro de Vox pediu "romper o silencio negacionista" e criticou o gasto en "asociacións que son 'chiringuitos'", o que foi respondido con apupos e berros por numerosas asistentes ao acto.

A intervención de Ortega Smith tamén foi rebatida polo alcalde, que lamentou que Vox fose "rebentar o acto".

Entre as respostas ao secretario xeral de Vox, a dunha muller que quedou parapléxica despois de que o seu cuñado lle disparara por defender a súa irmá.

Noticias web

25/11/2019