Vox anuncia unha moción de censura en setembro contra o Goberno de Pedro Sánchez
• O PP desmárcase: "Non conten connosco para manobras de distracción"
• No pleno Sánchez explicou os detalles do acordo do fondo de recuperación acadado en Bruxelas
O último pleno do curso político deixa un anuncio para setembro: moción de censura de Vox.
O PP desmárcase. Din que non conten con eles para manobras de distracción e que estarán no importante: salvar vidas e empregos.
O pleno comezou coa bancada do PSOE ao completo, malia a acordo dos grupos de manter unha ocupación do 50% para evitar riscos de contaxio.
Estaban todos para escoitar os detalles de Sánchez sobre o acordo de Bruxelas. Dixo que España foi determinante nas negociacións e que o fondo é un fito económico e social, sen novas condicións.
O líder da oposición fala de ineficacia ante os novos brotes e os datos económicos, e acusa de arrogancia e triunfalismo os socialistas.
O BNG ve un rescate nos fondos europeos, o PNV di que non salvan a lexislatura e Esquerra tamén advirte: complícase o seu apoio aos presupostos, xa que cren que estarán tutelados por Bruxelas.
Ciudadanos tendeu a man ao Goberno para negociar as contas.
Sobre a moción de censura, en Twitter axiña respondeu o PP:
Moción de censura post vacacional para salvar al soldado Sánchez.
— Teodoro García Egea (@TeoGarciaEgea) July 29, 2020
El PP estará siempre en lo importante: salvar vidas y empleos. No cuenten con nosotros para maniobras de distracción que refuercen al PSOE.