CRTVG

Buscar

Vox pídelle á Xunta Electoral Central que se repitan as eleccións no Concello de León

Publicado o 02/06/2019 12:27

 Vox non se resigna a quedar sen representación en León e pediulle á Xunta Electoral Central a repitición das eleccións que inicialmente lles outorgaban dous concelleiros no Concello leonés. Esa atribución fíxose ao inverter nunha mesa os sufraxios realmente obtidos polo PSOE e Vox. A Xunta Electoral de Zona ditaminou a favor dos socialistas e iso deixou o partido de ultradereita a 24 votos de alcanzar o límite para entrar no concello. O Partido Popular, que depende desa entrada para fraguar un tripartito de centrodereita, pide tamén que as eleccións se repitan, pero unicamente na mesa onde se produciu o erro.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/06/2019