CRTVG

Buscar

Vox logra unha mobilización elevada en Madrid e moi desigual noutras cidades

Publicado o 23/05/2020 15:08

Vox tentaba capitalizar hoxe as críticas á xestión do coronavirus con 52 manifestacións a motor nas principais cidades de España. En Madrid, os vehículos circularon polas rúas de Recoletos, Serrano e Alcalá facendo soar o seus claxons e reclamando a dimisión do executivo de Pedro Sánchez. Na capital do Estado, que está na orixe das cazoladas contra o Goberno, estiveron os principais líderes do partido.

A considerable participación rexistrada na capital madrileña, que conseguiu colapsar unha parte da cidade, é extrapolable a urbes como León, Valladolid, Salamanca, Badaxoz ou Murcia e varias capitais andaluzas. O impacto foi, pola contra, testemuñal en Galicia, Cataluña, País Vasco e noutros territorios.

Unhas ducias de coches, coma neste caso na Coruña, desfilaron para protestar polo que consideran inoperancia do executivo central. En Vigo, a onde corresponden estoutras imaxes, tamén se xuntaron varios vehículos coa intención de reclamar responsabilidades políticas polo coronavirus. Na cidade olívica a caravana desfilou en medio da reprobación de varios grupos de viandantes.

Noticias web

23/05/2020