CRTVG

Buscar

Vox impide a investidura do candidato do PP en Murcia e os partidos teñen dous meses para negociar

Publicado o 05/07/2019 08:23

Finalmente Vox consumou a súa ameaza en Murcia votando en contra do candidato popular López Miras. Responsabilizan directamente ao equipo de Rivera e ás declaracións que chegaban de Madrid mentres os tres partidos negociaban en Murcia.

Teñen agora dous meses para seguir negociando ou repetiranse as eleccións. A pesar desa investidura frustrada en Murcia, o PP non tira a toalla en Madrid, e confía en poder investir a súa candidata Díaz Ayuso a pesar da distancia tamén alí entre Vox e Ciudadanos.

Onde xa hai un preacordo é en Navarra, despois dunha reunión de catro horas, entre Partido Socialista, Geroa Bai, Podemos e Izquierda-Ezkerra para que goberne a candidata socialista, María Chivite, que precisaría ademais da abstención de Bildu. Agardan pechalo hoxe mesmo.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/07/2019