CRTVG

Buscar

Vox impide a investidura do candidato do PP á presidencia de Murcia

Publicado o 04/07/2019 22:00

O popular Fernando López Miras, o candidato á presidencia de Murcia non logrou a confianza da cámara. Nesta segunda votación necesitaba a maioría simple. Bastáballe con que Vox se abstivera. López Miras intentouno ata o último momento.

"As súas señorías de Vox, igual que o fixen o pasado martes, con humildade, coa humildade do candidato que quere ser elixido presidente por vostedes pero que o seu proxecto non ten a maioría absoluta, necesítoos", dixo Fernando López Miras, candidato do PP á investidura en Murcia.
Pero os intentos de López Miras de nada serviron.

"O obstáculo atopámolo no eixo París-Madrid, atopámolo na dirección nacional de Ciudadanos, non no grupo de Ciudadanos na Rexión de Murcia", afirmou Juan José Liarte Pedreño,deputado de Vox.
A posición de Vox non colleu a ningúen por sorpresa, xa anunciara o sentido do seu voto unhas horas antes. Foi tras unha reunión con Ciudadanos e PP, a que acudiu mesmo o secretario xeral dos populares. García Egea estaba convencido de lograr o apoio dos de Abascal. Un encontro que Ciudadanos resistiuse a confirmar. O caso é que mentres en Murcia se celebraba a xuntanza, desde Madrid, o secretario xeral de Ciudadanos falaba do contido da reunión.

"Non se está a negociar o acordo de goberno, estase a explicar o acordo de goberno que xa está pechado e firmado. Non está negociando nin goberno nin acordo de goberno. Non hai negociación hai explicación de por que ese acordo de goberno cremos que é bo para os murcianos e por que cremos que Vox diante dun acordo de goberno que é bo para os murciano debería deixar de bloquear a situación", asegurou José Manuel Villegas, secretario xeral de Ciudadanos.

Tras coñecer as palabras de Villegas, Vox abandonaba abruptamente a reunión. Rompía as negociacións pola negativa da dirección nacional de Ciudadanos a firmaren ningún documento con eles.
Tras non obter a confianza da cámara López Miras, o presidente da Asemblea, anunciou o inicio dunha nova rolda de consultas cos grupos.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/07/2019