CRTVG

Buscar

Vox ensina o pacto con PP e Ciudadanos para gobernos de coalición e dáo por roto

Publicado o 25/06/2019 13:35
Vox ensina o pacto con PP e Ciudadanos para gobernos de coalición e dáo por roto

Vox ensinou este martes o acordo con PP e Ciudadanos no que se fala de "gobernos de coalición" para denunciar que ambas formacións o incumpriron e, en consecuencia, dáo por "roto" nas cidades en que se aplicou.

O portavoz de Vox no Congreso e do comité negociador destes pactos, Iván Espinosa de los Monteros, fixo este anuncio en conferencia de prensa na cámara baixa, onde acusou a PP, C's e PSOE de formar un "tricentrito" e asegurou que ao romper ese pacto, aplicado en concellos como o de Madrid, pasará á oposición.

Noticias web

25/06/2019