CRTVG

Buscar

VOX dá por rotas as relacións co PP polas críticas a Abascal en Ceuta

Publicado o 26/07/2021 19:30
VOX dá por rotas as relacións co PP polas críticas a Abascal en Ceuta

VOX dá por rotas as relacións co Partido Popular. Faino despois de que o PP se abstivera na votación na Asemblea de Ceuta para declarar a Santiago Abascal persoa non grata. O voceiro de VOX acusou o PP de participar nunha estratexia para satanizar o seu partido. Non apoiarán ningunha iniciativa dos populares mentres a súa dirección nacional non desautorice os seus representantes na cidade autónoma.

Noticias web

26/07/2021