CRTVG

Buscar

Vox apoiará o PP e C's se suprimen as axudas contra a violencia machista

Publicado o 02/01/2019 20:47

Vox lanzaba a primeira advertencia a través deste chío. Deixan claro que non apoiarán un goberno entre PP e Ciudadanos se non retiran o punto en que se comprometen a aplicar todas as medidas recollidas na lei contra a violencia de xénero. Unhas medidas que Vox di que están ditadas "polas asociacións feministas podemitas radicais".

Máis tarde os de Santiago Abascal insistían no aviso. Javier Ortega, secretario xeral de Vox, "cando hai leis que dividiron os españois entre españois de primeira e de segunda, e conculcaron os dereitos dos homes, son leis que atentan contra a constitución e a convivencia, e imos loitar por substituílas"

Ciudadanos di que non aceptará que se modifique ningún punto do acordo asinado co PP, e a través dun chío Albert Rivera asegura que loitar contra a violencia machista non é unha opción, senón unha obriga. Desde o Partido Popular manteñen a mesma postura, e consideran un despropósito a esixencia de Vox cando en 2018 foron asasinadas 47 mulleres.

 

 

Noticias web

02/01/2019