Vox anuncia como cabeza de lista por Cádiz a un ex-xeneral do Exército
Publicado o 17/03/2019 12:55

O xeneral de Brigada de Infantería, Agustín Rosety, será o cabeza de lista por Vox na provincia de Cádiz. O militar exerceu o mando de unidades de operacións especiais e estivo destinado como diplomado no Estado Maior.
Agora atópase en situación de retiro e a súa presenza nas listas do partido que lidera Santiago Abascal vese como un intento da formación de achegarse ao sector militar, ao que tamén pertence o que fora Xefe do Estado Maior do Exército de Terra, o xeneral retirado Fulgencio Coll, candidato por Vox en Baleares.