CRTVG

Buscar

Von der Leyen propón crear a Unión Europea da Saúde para futuras ameazas sanitarias

Publicado o 16/09/2020 14:04

A presidenta da Comisión Europea propuxo hoxe dotar a Unión de competencias en materia sanitaria para afrontar nun futuro ameazas como a pandemia.

Pouco antes, desde os Estados Unidos, Donald Trump aseguraba que en tres ou catro semanas haberá unha vacina para o coronavirus.

Von Der Lyen asegurou esta mañá no Europarlamento que o coronavirus evidenciara a fraxilidade e os límites dun sistema que, segundo dixo, pon a riqueza por riba do benestar dos seus cidadáns.

A presidenta da Comisión Europea cre chegado o momento para unha Unión Europea da saúde e dotala de competencias en materia sanitaria para afontar futuras ameazas.

A proposta chega o mesmo día en que Alemaña, un dos países europeos menos golpeados polo coronavirus, informaba de que volvían subir os contaxios diarios ata os 1.900. Nas ultimas 24 horas superouse unha nova marca diaria de contaxios en todo mundo, algo máis de 380.000.

Os EUA seguen sendo o país máis golpeado pola enfermidade, con 194.000 mortos, pero o presidente Donald Trump reiterou esta noite que se está a poucas semanas de lograr unha vacina.

Trump dixo que poderían ser tres ou catro semanas e reiterou que se lle quitou sempre importancia á enfermidade foi para non crear pánico.
 

Noticias web

16/09/2020