CRTVG

Buscar

Von der Leyen asume erros e di que foron "demasiado optimistas" coas vacinas

Publicado o 10/02/2021 15:56

Ursula von der Leyen asumiu diante da Eurocámara algúns erros ao xestionar as compras conxuntas de vacinas. Pero defende esa estratexia centralizada en Bruxelas porque asegura unha repartición xusta entre todos os países da Unión.

A presidenta da Comisión Europea recoñece que as autorizacións das vacinas están a ser lentas, pero pola seguridade e protección dos cidadáns. E admite que se subestimaron as dificultades e que foron demasiado optimistas sobre a produción en masa destes tratamentos.

Von der Leyen, iso si, escapou ás críticas dos eurodeputados ao pronunciar o seu discurso diante do hemiciclo e logo marchar.

A UE ten agora mesmo tres vacinas en comercialización. Hoxe a Axencia Europea do Medicamento negou que xa estea a analizar a rusa Sputnik ou que recibise unha petición para autorizala.

Noticias web

10/02/2021