CRTVG

Buscar

Von der Layen di que se sentiu "ferida e soa" polo desplante de Erdogan

Publicado o 27/04/2021 15:12

Continúan coleando as declaracións da presidenta da Comisión europea. Dixo sentirse ferida e soa despois do desplante do presidente turco. Relegárona a un sofá nun encontro tripartito co presidente turco e o presidente do Consello Europeo, Charles Michel. Ursula Von der Leyen di que se sentiu humillada e soa como muller e como europea.

Ante o Parlamento Europeo asegurou que é unha mostra máis do lonxe que estamos de lograr a igualdade. No pleno tamén se escoitaron moitas críticas a Charles Michel por ser copartícipe da situación e non facer nada para solucionala. 

Noticias web

27/04/2021