CRTVG

Buscar

O oso de Salcedo volve ás rúas da Pobra do brollón nunha tradición ancestral

Publicado o 04/03/2019 21:01

Un dos lugares onde máis se celebra este Luns de Entroido é na Pobra do Brollón, coa fin da hibernación do oso de Salcedo, un ritual de cinza ao que se somete todo o mundo.

Antes de saír, oso e criados ultiman os detalles. Sobre eles e elas está a reponsabilidade de continuar cunha tradición ancestral.

Ás cinco en punto baixan pola corredoira. No medio do lugar a xente xa oso está esperando. Os criados van collendo as vítimas e o oso fai o seu labor. Se está de ser, tanto ten onde se acubille un.

Cada ano hai máis visitantes e tamén máis fotógrafos. Despois da tarde de traballo, o oso volve durmir ata o ano que vén; a diferenza doutros lugares, aquí a máscara non morre; o oso sae rei e volve rei.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

04/03/2019