CRTVG

Buscar

Volven pintar as Marías, 4 meses despois da súa limpeza

Publicado o 10/12/2019 14:35

Son un dos símbolos máis fotografados da cidade e tamén un dos que máis veces foi obxectivo dos vándalos. Desta volta, as irmás Fandiño, máis coñecidas polas Marías ou as Dúas en punto, foron atacadas polas costas con pintadas e golpes que levantaron a pintura das súas roupas. Un acto que hoxe reprochaban os que pasaban xunto a elas.

"É deplorable", "actos vandálicos, ganas de destacar", "ganas de facer mal", din os veciños.

O das Marías non foi o o único acto de vandalismo da fin de semana. O mercado de Nadal instalado na Carreira de Conde, moi próximo á alameda, tamén sufriu danos nas alfombras e na sinalización. Os veciños piden máis control e sancións para evitar este tipo de actos que danan tanto o patrimonio coma o mobiliario urbano.

"Debería haber máis control para non ter que meter todo nunha urna de cristal", "hai que castigalo" aseguran en Santiago.

Descoñécese a autoría destes ataques e tamén do que esnaquizou o cristal da porta da Casa da Parra, a carón da praza da Quintana. Desde o Concello xa pensan en instalar cámaras de seguridade na alameda para evitar que se repitan os ataques ás Marías.

 

Noticias web

10/12/2019