CRTVG

Buscar

Volven os xenerais do Ulla, un entroido documentado dende o século XIX

Publicado o 24/02/2019 20:32

Os xenerais da Ulla comezaron esta fin de semana o entroido dunha das comarcas con maior tradición festiva nestas datas, da que hai referencias documentadas dende o 1870. Os xenerais e os correos dacabalo son os personaxes que centran este entroido rural. Van disfrazados con traxes militares de época e os cabalos tamén van engalanados.

Así vestidos interveñen nas distintas parroquias, acompañados de abandeirados, coros, comparsas e parrandas. En cada lugar van facendo atranques ou altos, unha especie de representación cun enfrontamento dialéctico entre parellas no que fan escarnio de asuntos de actualidade, sentimentais ou de cuestións locais.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/02/2019