Volven os sorteos da lotería e reabren os puntos de venda autorizados
Publicado o 18/05/2020 14:01
Volven os sorteos da lotería. Euromillóns e a Primitiva retómanse esta semana, e Bonoloto e o Gordo da Primitiva, do 25 ao 31 de maio.
Hoxe reabren as terminais de xogo, e volven comercializarse os seus produtos nos puntos de venda habilitados.
A venda de lotería suspendeuse o pasado 15 de marzo debido á crise sanitaria, pero os boletos selados terán o mesmo valor, e os premiados que xa caducaran, poderanse cobrar.
Unha reapertura, iso si, baixo estrictas medidas de seguridade e hixiene.