CRTVG

Buscar

Volven os reecontros e as despedidas aos aeroportos

Publicado o 15/10/2021 16:25

No aeroporto da Lavacolla hoxe non eran moitos os familiares ou amigos que se animaban a acompañar os pasaxeios que saían ou que regresaban á casa en avión. Botábanse aínda de menos as apertas e os agarimos que un sempre agradece sobre todo se vai facer unha viaxe longa cando normalmente os nervios afloran. Por iso entre os viaxeiros había hoxe unha sensación de alivio e de alegría ao saber que por fin as restricións de acceso decaen en todos os aeroportos de España.Satisfacción tamén por ver normalizado o tráfico de viaxeiros e por recuperar o gozo de viaxar.

As restricións de acceso aos aeroportos estaban en vigor desde xullo do ano pasado e supoñían que só os viaxeiros con tarxeta de embarque, os traballadores e as forzas de seguridade tiñan permitida a entrada ás terminais. A apertura efectiva a partir de hoxe só podería limitarse en momentos de grande afluencia e para evitar aglomeracións.

Noticias web

15/10/2021