Volven os paseos entre concellos limítrofes que estaban perimetrados
Publicado o 28/02/2021 14:44
Dun lado Baiona e do outro Nigrán. Estes dous municipios, coma moitos de Galicia, estaban perimetrados desde o peor da terceira vaga de coronavirus. Unha vez que o comité clínico decidiu relaxar as medidas o venres e "desperimetrar" cada concello, as rutas naturais entre as vilas volveron ao seu. Este domingo ao sol así estaba o paseo peonil e ciclista que une Panxón con Baiona
A sensación de liberdade para un domingo, ocioso si, pero con máscara e sen descoidar a distancia de seguridade
Porque fumar en terrazas ou en ruta está prohibido e é sancionable.
Máis sobre actualidade
21/04/2021 16:23