CRTVG

Buscar

Volven os exames presenciais a algunhas facultades

Publicado o 19/06/2020 13:43

As facultades de Fisioterapia, Belas Artes e Forestais do campus de Pontevedra, na Universidade de Vigo, contan coa autorización para realizar exames de segunda oportunidade, prácticos, de xeito presencial. Para isto, estableceron un protocolo de seguridade.

Eva Lantarón, decana da Facultade de Fisioterapia, coméntanos que Nestes exames están dous alumnos e os profesores que os examinan.

"Terán pouco contacto. É unha aula grande e diáfana. Veñen por quendas e entra un só alumno en cada vestiario para que non haxa contacto entre eles", engade.

A universidade achega os equipos de protección individual para alumnos e profesores. Eles só teñen que ir coa máscara.

Para o próximo curso, queren adiantar uns días a volta para recuperar as prácticas e tamén intentarán que os alumnos de primeiro poidan acudir de xeito presencial coas medidas de seguridade axeitadas.

Noticias web

19/06/2020