CRTVG

Buscar

Volven os campamentos, con máis medidas de seguridade, pero a mesma diversión

Publicado o 28/06/2020 18:50

Os nenos despedíronse dun curso escolar atípico e agora comezan un verán que tamén será diferente. Volven os campamentos, aínda que este ano condicionados polas normas sanitarias para previr contaxios. Máscaras, distancias e hixiene de mans incorporaranse ás rutinas, pero non lles restarán un ápice de diversión ás actividades.

O silencio dun patio baleiro mudará a balbordo o un de xullo. Será, iso si, un alboroto ordenado porque os corenta nenos que participarán no campamento repartiranse en grupos diferenciados por idades que non poderán interactuar en ningún momento. É un dos cambios que impón a nova realidade.

Alejandro Abando. Xerente de Xogos de Amizade. Todos os monitores e tamén os nenos usarán máscaras, potenciaranse as actividades ao aire libre e, por suposto, insistirase moito na hixiene das mans. Son normas que os nenos teñen interiorizadas e que non lles impedirán gozar do campamento.

Os monitores reciben unha formación específica para aplicar os novos protocolos e tamén para resolver as dúbidas e aplacar os medos dos pais, que queren garantías de que os seus nenos van vivir unha experiencia divertida e segura.

Noticias web

28/06/2020