CRTVG

Buscar

Volven os Atardeceres do Gaiás con Fon Román

Publicado o 09/07/2020 22:06

O sol custodiou e supervisou esta tarde cada un dos detalles dunha das súas citas máis especiais do verán. Este ano, se cadra, máis especial aínda. Puxo o traxe de calor para que nada falle. Volve o atardecer ao Gaiás cun músico curtido e versátil que repite neste palco. Fon Román será o primeiro en reencontrase co público.

Son tempos raros, de concertos con máscaras, medidas de seguridae, ocupación reducida... porén nada cambia na intención das cancións. Moitas do último traballo de Román, La chispa, la llama y el humo. As medidas da nova normalidade mesmo poden ser para elas unha oportunidade.

A cultura que nos reencontra. A música que, en directo, abre e pecha o primeiro dos atardeceres.

Noticias web

09/07/2020

Máis sobre Santiago de Compostela