CRTVG

Buscar

Volven en setembro 'os baños das carolas'

Publicado o 20/09/2021 20:04

O verán está a piques de rematar, pero aínda quedan bañistas desfrutando da praia. Moitos deles buscan para estes baños areais aos que se lles atribúe a cualidade de teren moito iodo, xa que hai a crenza popular de que bañarse neste tempo axuda a previr enfermidades e, sobre todo, a evitar os arrefriados.

Barreiros é un deses lugares que escollen os que queren gozar dos baños de setembro, unha época en que a temperatura da auga e a do exterior adoitan achegarse e que para os que teñen este costume destes baños serodios, non hai nada mellor para evitar coller catarros no inverno.

 

Noticias web

20/09/2021