CRTVG

Buscar

Volven buscar pistas no coche da familia Barrio, 17 anos despois do triplo asasianto

Publicado o 29/07/2021 15:02

17 anos despois, a investigación do brutal asasinato da ourensá Julia dos Ramos e a súa familia podería estar máis preto de se resolver. A policía busca novas probas nun vehículo que está a analizar minuciosamente.

Pasadas as nove desta mañá supervisaban o coche familiar que permanecía custodiado na comisaría de Ourense. Agardan que as novas técnicas e tecnoloxías, que non había hai 17 anos, axuden agora a dar con algunha pista.

Julia dos Ramos, natural de Queirugás, en Verín, o seu home Salvador Barrio e o fillo de 12 anos apareceron violentamente asasinados o 7 de xuño do 2004 na súa vivenda de Burgos, tiñan 99 coiteladas, a porta non estaba forzada. O fillo maior, Rodrigo, que daquela tiña 16 anos, estaba internado nun colexio en Aranda del Duero e veu vivir cos seus tíos maternos a Verín. Tres anos despois, a policía arrestábao en Ourense como sospeitoso do crime da súa familia, pero foi posto en liberdade por falta de probas. A familia materna de Rodrigo Barrio mantiña que el fora o autor.

Pero hai outro sospeitoso, Ángel Ruíz. O mesmo día do enterro de Salvador, nunha localidade de Burgos na que era pedáneo, apareceron unhas pintadas polas que o coñecido como Angelillo foi acusado, pero non foi ata dez anos despois cando se comezou a investigar en relación ao triplo asasinato. Permanece en prisión por matar unha veciña da mesma aldea e tamén é sospeitoso de matar outro home. Os axentes atoparon nun rexistro nas súas propiedades unhas chaves de Salvador Barrio.

Esta reactivación do caso podería resolver o brutal crime antes de que prescriba no 2024.

Noticias web

29/07/2021