Volven aumentar os positivos en Ponteareas
"Son momentos, porque a verdade estamos sobe baixa, sobe baixa", comenta unha veciña.
A situación epidemiolóxica de Ponteares está subida nunha montaña rusa e nestes momentos parece que volve encarar un ascenso.
"Levabamos uns días entre 30, 33, 34 casos positivos. Onte foron 30, hoxe 26 pero ben a incidencia está claro que non é que baixe moito", informa Cristina Fernández, alcaldesa de Ponteareas.
A xente quere acabar con este vai e vén dos contaxios. Piden unha solución á fatiga pandémica.
"Vacinarse ou o que sexa, pero, por Deus, que sexa para sacar pronto a máscara, por favor", desexa Carmen Martínez, empregada nunha tenda.
Moitos contaxios en Ponteareas prodúcense pola mobilidade dos veciños, sobre todo para traballar.
"Traballamos pois en Vigo, no Porriño, en Mos e a mobilidade é máxima aquí", explica Jose Luís Lameiro, veciño de Ponteareas.
Dentro dunha semana terían que estar celebrando a Festa do Corpus coas súas tradicionais alfombras. Unha gran perda económica para comerciantes e hostaleiros.