CRTVG

Buscar

Volven as queixas veciñais por un novo incendio no antigo asilo de Vigo

Publicado o 20/03/2019 14:58

No asilo vigués de Pi y Margall, abandonado dende hai anos, rexistrouse un incendio nas últimas horas. Non houbo que lamentar danos persoais pero os veciños están fartos dos incendios continuos que se producen neste edificio, en que viven indixentes e ocupantes ilegais. Urxen unha solución para un inmoble que, aseguran, non reúne condicións de salubridade.

A noticia dun lume neste inmoble, no antigo asilo da rúa Pi y Margall abandonado en Vigo, xa non sorprende a ninguén. O último producíase onte e, unha vez máis, desatou a alarma entre os veciños da zona fartos de soportar dende hai anos esta situación.  

Ademais os veciños din que esta imaxe, a de ratas entrando e saíndo á rúa dende o antigo asilo é habitual. Denuncian que o inmoble está nunha situación de insalubridade que afecta toda a veciñanza.

Así, os veciños urxen solucións, porque as que se tomaron ata o de agora non tiveron resultado.

O estado deste inmoble agocha a historia dun proxecto construtivo frustrado para o barrio do Cura arestora en mans de varios bancos que buscan un investidor internacional. O asilo leva anos á espera de demolición mentres os veciños da zona padecen as consecuencias da súa deterioración.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/03/2019