CRTVG

Buscar

Volven as nubes, o frío, a chuvia e a neve

Publicado o 22/04/2019 18:42

Ceo despexado, altas temperaturas e estabilidade. Esta é a tónica que presentou o tempo en Galicia nos últimos días. Non obstante, conforme avance a xornada de hoxe, a situación atmosférica vai mudar, traendo consigo a inestabilidade de novo.

Para os vindeiros días, o vento e as precipitacións estarán moi presentes, chegando incluso a activar algún aviso amarelo na costa por vento. Esta situación verase acusada tamén polo regreso da neve e a forte baixada das temperaturas, chegando a rexistrar valores ata 15 graos inferiores aos que tivemos estes días pasados.

Moitos apuraban hoxe os últimos raios de sol na nosa comunidade, e amosaban sorpresa polos cambios bruscos que se están a rexistrar. Con todo, sempre hai quen se amosa positivo, chova, neve ou faga sol.

De cara á fin de semana, as previsións apuntan a que Galicia volverá a quedar baixo a influencia anticiclónica.

Noticias web

22/04/2019