CRTVG

Buscar

Volven as feiras, cun límite do 25% dos postos

Publicado o 11/05/2020 14:17

Volven as feiras ás vilas galegas e fano dun xeito diferente por mor das medidas de prevención e seguridade. Nesta de Verín adoitaban estar uns 70 venderores, pero por agora está limitado o número ao 25% do habitual, e menos dun terzo de público. Aquí viñeron unha ducia de postos separados por 6 metros de distancia. Xa había moitas ganas de volver á actividade.

Priorízanse os postos de produtos agroalimentarios. Máscaras, guantes, xeles desinfectactes nos postos de alimentación e en todo momento a Policía Local controlaba que se respectase a distancia social de 2 metros.

O máis solicitado, as plantas para a horta, que este ano van con moito atraso. E entre os produtos máis agardados da feira, o polbo, coas polbeiras de novo a pé de rúa, pero por agora, as racións son só para levar.

A volta dos mercados e feiras supón un importante pulo económico no rural tanto para produtores como vendedores de produtos do agro.

Noticias web

11/05/2020