Volven á casa os veciños desaloxados por un incendio na Guarda
Publicado o 11/03/2020 14:09
Os veciños deste inmoble da Guarda non puideron pasar a noite nas súas casas polo incendio que se produciu no cadro eléctrico do edificio. O lume extinguiuse con rapidez, pero os veciños viviron momentos de moita tensión polo intenso fume que ocasionou. Algúns puideron saír polo seu propio pé, pero outros precisaron a axuda dos bombeiros.
Como consecuencia do incendio, o edificio aínda non puido restablecer a subministración eléctrica. Esta mañá os veciños volvían ás casas para ventilalas e avaliar os danos.
Afortunadamente non houbo que lamentar danos perosais, só unha muller tivo que ser atendida por inhalación de fume. A Garda Civil abriu unha investigación para determinar as causas do lume.