CRTVG

Buscar

Volven á casa a metade dos evacuados polo incendio de Gran Canaria

Publicado o 21/08/2019 15:16

Os últimos cálculos falan de 10.000 hectáres queimadas, tres veces a superficie da cidade da Coruña. Pero no medio da devastación comeza a asomar o optimismo. 

"O incendio vaise declarar esta tarde estabilizado. É unha magnífica noticia", anunciou a ministra de Defensa en funcións. Pero aínda existe risco, aínda traballan na zona tantos medios coma onte. Entre día e noite falamos de mil persoas intentando cercar o lume. 

Tamén se está a estudar a progresiva reapertura das estradas que houbo que pechar por seguridade, o que irá permitindo o regreso á casa dos evacuados. Xa puideron volver a metade dos case 10.000 desprazados.

"O máis probable é que durante o día de hoxe todas as persoas que foron desaloxadas poidan volver ás súas casas", adiantou o presidente das Canarias. 

"Que alegría, xa estamos na casa. Non o cremos, foi moito, un pesadelo que semella pronto acabará", celebrou un dos evacuados que xa puideron regresar. Polo momento, o exército seguirá actuando en Gran Canaria. Hoxe visitou a illa Pablo Casado. Mañá o presidente do Goberno sobrevoará o incendio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/08/2019