CRTVG

Buscar

Volven subir os falecidos diarios por coronavirus en España ata os 331

Publicado o 27/04/2020 11:17

• O número de pacientes recuperados volveu superar onte o de contaxios

• O total de persoas curadas é de 100.875

• A taxa media de contaxios en España está no 0,9 %

Volve subir lixeiramente o número de falecidos en España, 331 nas últimas 24 horas. Ata agora a cifra máis baixa de falecidos fora a de onte con 288 desdeo 20 de marzo, segundo os datos facilitados polo Ministerio de Sanidade.

• Coas persoas falecidas nas últimas 24 horas, 331, a cifra total de falecidos que facilitan desde Sanidade é de 23.521 desde o inicio da pandemia.

•  Tamén baixan os novos contaxios notificados ata os 1.831. O número de contaxios diarios está a baixar desde o xoves da semana pasada. Esta porcentaxe tamén baixou ata 0,9 por cento, fronte ao 1,4 por cento cento do venres pasado.

• O total de positivos oficiais por PCR en España é de 209.465 persoas.

• As persoas recuperadas ata agora suman en total 100.875. Delas, 2.144 son os pacientes recuperados nas últimas horas. Unha cifra que por primeira vez é superior ao número de contaxiados, que, como dixemos antes,  foi de 1.831 nas últimas 24 horas.

As comunidades autónomas máis afectadas polo coronavirus seguen sendo, por esta orde:

• Madrid, con 59.421 contaxios en total, 295 positivos por PCR rexistrados onte; a taxa de crecemento é do 0,5 %. O total de falecidos na comunidade de Madrid é de 7.986, deles 64 faleceron onte.

• Cataluña, con 47.755 contaxios, 944 positivos por PCR das últimas 24 horas; a taxa de contaxios e do 2 %. O total de vítimas mortais son 4.699, delas 133  faleceron onte.

• Castela e León  ten 16.404 positivos testados por PCR en coronavirus, 182 novos positivos de onte; a taxa de contaxios é do 1,1 %. O número de vítimas mortais nesta comunidade é de 1.690, delas 24 morreon nas últimas 24 horas.

• Castela-A Mancha, con 15.664 persoas positivas por PCR, 55 casos rexistrados onte; a taxa de contaxios é do 0,4 %. As vítimas mortais son en total 2.365, delas 35 morreron nas últimas 24 horas.

A comunidade autónoma menos afectada segue sendo Murcia: ten 1.474 persoas contaxiadas testadas por PCR, cero contaxios onte. Faleceron en total 128 persoas, unha delas onte.

Nas cidades autónomas, hai 110 en Melilla e sen contaxios onte. En Melilla faceron 2 persoas desde que se iniciou a pandemia. E en Ceuta hai 100 persoas positivas por PCR en total, onte non rexistran casos desde o xoves pasado. Faleceron en total 4 persoas desde que comezou a pandemia.