Volve subir o numero de falecidos diarios en España e tamén os novos contaxios
Os datos do Ministerio seguen a amosar una estabilización nas cifras xerais da pandemía da provocada pola COVID-19. Nos últimos días vén manténdose o número de vítimas mortais por debaixo das 200, pero, segundo os datos que hoxe publica o Ministerio de Sanidade, hai unha lixeira repunta no número de mortos, 176 fronte a os 123 publicados onte.
O total de persoas que morreron en Espala vítimas do coronavirus desde o inicio da pandemia é de 26.920.
A porcentaxe de contaxios tamén subiu respecto dos datos publicados onte: 0,19% fronte ao 0,17% que había onte de media en España.
O número de novos contaxios nas últimas 24 horas é de 426; onte publicáronse 373.
O total de positivos por PCR de que dá conta o Ministerio de Sanidade é de 228.030. Deles, 48.860 son persoal sanitario.
O número total de persoas que xa están curadas é de 138.980.
As comunidades que onte rexistraron un maior número de contaxios foron, por esta orde, Cataluña, Castela e León, Madrid e Castela-A Mancha.