CRTVG

Buscar

Volve pechar a Torre de Hércules á éspera de coñecer as PCR de dous traballadores con síntomas compatibles coa Covid-19

Publicado o 28/08/2020 21:12
Volve pechar a Torre de Hércules á éspera de coñecer as PCR de dous traballadores con síntomas compatibles coa Covid-19


A Torre de Hércules e a Oficina de Información ao Turista de María Pita pecharán "por precaución" ata que se coñeza o resultado das probas que se lle practicará nas próximas horas a dous traballadores do monumento. Segundo informa Turismo da Coruña, ao longo deste venres estes dous traballadores presentaron síntomas e os sanitarios recomendáronlles practicar as probas PCR. Así, o Consorcio de Turismo, o Concello da Coruña e Seguridade Cidadá optaron por pechar o monumento e a oficina de forma preventiva e por precaución para traballadores e visitantes.
 

 

Noticias web

28/08/2020